Os representantes dos Sindicatos CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CGT na Mesa de Negociación do Concello de Ribadeo (persoal funcionario e laboral) en virtude do acordado en reunión mantida o pasado día 15 de setembro de 2010, a esa Alcaldía-Presidencia e Corporación Municipal,
EXPOÑEN:
Primeiro.-
Con datas 8 e 27 de xullo de 2010 teñen solicitado desa Alcaldía unha reunión da Comisión Paritaria de Interpretación e seguimento prevista no artigo 3º tanto do Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario como do Convenio Colectivo para o persoal laboral.
Ata o día de hoxe non se nos convocou para a mesma, pretendendo tratar entre outros asuntos que poidan xurdir, os seguintes:
1º. Protocolo de prevención de conflictos conforme ao documento xa presentado con anterioridade nese Concello e do que se une fotocopia.
2º. Estudio e adopción de acordos procedentes para levar a cabo a execución do acordo plenario relativo ao fondo acordado o 18 de agosto de 2009 de distribución da cantidade de 68.000 euros entre o persoal municipal correspondente.
3º. Estudio e adopción de acordos para levar a cabo a posta en marcha dun Plan de Pensións para o persoal do Concello.
4º.Estudio e adopción de acordos correspondentes en relación co incumprimento que se está a producir no réxime de traballo (horario e descansos) do persoal de limpeza viaria e recollida de lixo segundo o anexo ao Convenio Colectivo para o persoal laboral vixente neste Concello.
5º.Estudio e adopción de acordos correspondentes en relación co Cadro de persoal vixente neste Concello, postos vacantes existentes no mesmo e Oferta Pública de Emprego que se está a tramitar nestes momentos.
6º Adopción de acordos que procedan para o cumprimento das directrices fixadas polo Concello como Entidade Familiarmente Responsable (EFR)
Segundo.-
Que á vista da actual situación de crise xeral que se vive no estado e da situación de precariedade económica que vive o propio Concello, en tanto se proceda a un estudio pormenorizado e real das necesidades de persoal estrutural da Entidade, debe suspenderse a tramitación de calquera oferta pública de emprego de postos de traballo que non respondan a cometidos competenciais expresos de carácter municipal, agás que se confirme de xeito que faiga fe e por escrito unha financiación ao cento por cento por parte da Comunidade Autónoma e /ou Estado dos referidos postos.
A estos efectos por parte dos asinantes quérese facer constar que entre as materias obxecto de negociación previstas no artigto 37.1 da Lei 7/2007, pola que se aproba o Estatuto do Empregado Público figuran as relativas aos criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos naqueles aspectos que afecten ás condicións de traballo dos empregados público, sinalándose igualmente no artigo 38 desa norma que “cando as consecuencias das decisións das Administracións Públicas que afectan ás súas potestades de organización teñan repercusión sobre as condicións de traballo dos funcionarios públicos contempladas no apartado anterior, procederá a negociación de ditas condicións coas Organizacións sindicais a que se refire este Estatuto.”
Polo exposto anteriormente,
SOLICITAMOS
Que con carácter de urxencia se convoque á Comisión de seguimento indicada para unha reunión co obxecto de trata-los asuntos indicados.
Ribadeo, 16 de setembro de 2010.
SR. ALCALDE E CORPORACION MUNICIPAL.
CONCELLO DE RIBADEO