lunes, 07 de junio de 2010
A CGT fai un chamamento á sociedade galega para que se incorpore a esta mobilización co obxectivo de impedir que o goberno leve a cabo as ameazas e medidas que está dirixindo contra os traballadores e contra as clases populares.

O goberno e os seus aliados están actuando como axentes locais do capitalismo internacional e nacional máis funestos. Cos seus actos están demostrando que só os move o afán de que este inxusto réxime económico e político poida ocntinuar impunemente o espolio e a destrucción que está exercendo en todas partes. Manter este réxime custalle a humanidade, entre outras calamidades, que máis de mil millóns de persoas padezan fame, que a metade da población mundial malviva na miseria e na carencia absolutas ou que, cada día, morran hasta 30000 nenos vitimas da desnutrición, da auga insalubre ou de enfermidades curables con case nada.

E que pasa aqui? Que,  mentres grupos sociais de maior poder e máis ricos aumentarion en 2009 un 30% o seu patrimonio empresarial e rendas do capital respecto do 20078
. Cas 5 millons de traballadores están no paro, coa ameaza de recortes nos subsidios de desemprego.
. Cerca de un millón de familias teñen otdos os seus membros en paro, condenados a exclusión e á miseria.
. Mais de 8 millóns de persoas viven na pobreza. En 2009 as OO.NN.GG de auxilio tiveron que alimenar a mais dun millon de persoas.
.12 millóns de traballadores en activo teñen ingresos anuais inferiores a 12000 euros.
Publicado por a333 @ 16:35  | convocatorias
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios