jueves, 03 de junio de 2010

 

Ante a aprobación polo goberno de medidas que supoñen unha redución dos dereitos de grandes sectores de traballadores e das capas máis desfavorecidas da poboación, a CGT da Coruña convoca a todos os afiliados a unha manifestación o próximo venres, día 4 de xuño, que comezará ás 19:30 horas na Praza de Portugal da Coruña.

 

A manifestación percorrerá o centro da cidade e rematará diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense.

 

Para a CGT é necesaria unha mobilización permanente contra estas medidas e contra a próxima reforma laboral, que fará pagar aínda máis a crise a quen non a provocamos, mentres os ricos e poderosos seguen acumulando beneficios.

 

Compañeira, compañeiro: hoxe, máis que nunca, é necesaria a nosa mobilización.

 

                                                                CARA A FOLGA XERAL!


Publicado por a333 @ 19:51  | convocatorias
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios