jueves, 27 de mayo de 2010

 

A CGT da Coruña, ante a agresión a importantes colectivos que supón a aprobación das medidas económicas “contra a Crise” impostas polo goberno de Zapatero, manifesta o seu absoluto rexeitamento a que recaia sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas o pagamento dunha crise da que non son responsables, mentres os especuladores e as grandes fortunas seguen campando ás súas anchas.

 Por isto, ven de convocar unha manifestación na Coruña o día 4 de xuño, venres, que comezará ás 19:30 horas na Praza de Portugal e finalizará na Delegación do Goberno.


Publicado por a333 @ 6:57  | convocatorias
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios