Día de incumplir acuerdos...
Algún sindicato y en este caso es la UGT donde dije digo, digo diego...
Primero como portavoz de los sindicatos que rechazamos la propuesta de la Alcaldía para la negociación en el ayuntamiento de Ribadeo y que hoy en la COPE se puede ver como pide al Sr. Alcalde que deje la demagogia a un lado y diga la verdad y que explique la importante subida de dos trabajadoras /funcionarios fijos .... (entre otras subidas programadas como la suya propia y la del otro delegado por la UGT Y ESO NO LO DICE EL PERO LO DECIMOS NOSOTROS) Y DONDE SE DICE:
A extratexia que se seguiu ata o de agora foi a de confeccionar unha nova RPT realizada por una empresa externa que él dí independente. Para isto contou cun equipo da Universidade de Santiago de Compostela, que para a maioría dos sindicatos dende logo ofrece dúbidas sobre a súa independencia polas persoas que conforman o mesmo e que coñecemos porque asisten e participan ademais nas Mesas de negociación.
Durante 3 anos (2007, 2008, e 2009) estivo mareando a perdiz co único obxectivo de aprobar os orzamentos de cada exercicio, que lle permitran sair adiante políticamente.
Decidiu gastar 9.000 euros na realización dunha nova RPT, que se lle dixo por activa e por pasiva que non era necesaria toda vez que Ribadeo conta, dende hai anos, (1996), cunha RELACION DE POSTOS DE TRABALLO), e que só habería que retocala (mellorala, no seu caso) naqueles postos que quedaron descolgados no anterior Convenio e Acordo regulador do ano 2004 e engadindo os postos que, no seu caso, fosen precisos. A confección desta nova RPT so contou co beneplácito da única forza sindical afín ao seu partido , a C.I.G. Tamén se podería ter aforrado eses cartos e pedirlle á Deputación que a fixera, máis ben que partindo da existente se modificase naquelo que fora necesario.
Paralelamente a isto decidiu que a negociación das condicións de traballo tanto do Acordo Regulador como do Convenio ía vinculado a aprobación desa nova RPT que o Alcalde e o equipo de goberno se emperraron en facer porque sí, e iso non é negociar senon chantaxear.
Ningún dos Sindicatos firmantes deste escrito pretende subidas xerais de soldos. Fáltase á verdade se se dí iso. O que se pide é que se parta da RPT que hai na actualidade ( As RPT´s son flexibles e deben axustarse á realidade) e que se fagan as modificacións tanto funcionais como económicas nos postos que sexa precisos, que se emitan os informes xurídicos e económicos sobre o custo total do que se nos propón, como se fixo ao longo dos últimos catorce anos de existencia da RPT e como continuamente se fai en calquera Administración Pública.Non hai mais que mirar o BOE ou o DOG a diario. Pero que non se pretenda darlle a volta á tortilla, ao que o Grupo do BNG está moi acostumado e baixo o “manto” dunha nova RPT e enmascarado cunhas pequenas melloras nunha estrutura nova, creada polo equipo de goberno para o Concello de Ribadeo, colocar aos seus e “facer desta capa un saio” porque o único que se consegue así é hipotecar o futuro do persoal municipal e das vindeiras Corporacións.
Esto mesmo xa se lle dixo tamén por parte dos Sindicatos en diferentes escritos que obran na Mesa de Negociación. Que hai postos que se pretenden crear que non son estruturais, que hai servicios deficitarios e outros quizais sobresaturados e que en todo caso debe facerse unha planificación dos mesmos obxectiva e cun Plan de emprego a medio e longo prazo que cubra as necesidades reais dunha Entidade local como a de Ribadeo. O certo é, sin embargo, que:
1. Ten sen executar o Plan de pensións para o persoal laboral previsto no Convenio de 2004 que como todos recordarán foi obxecto dunha sentencia do Xulgado do Social de Lugo, favorable aos traballadores en Decembro de 2004. 2. Ten sen executar igualmente o Plan de pensións para o persoal funcionario previsto no Acordo regulador de 2004 que tamén como todos recordarán foi obxecto dunha Sentencia favorable aos funcionarios,do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de setembro de 2009.
3.Ten sen resolver, e cunha proposta sindical encima da mesa sen que se formulase ningunha polo goberno municipal, a distribución dunha bolsa de 68.000 euros do exercicio 2009 que lle foi esixida pola maioría da Corporación e que él aceptou co compromiso persoal, no Pleno de Agosto de 2009 ao aprobar definitivamente os orzamentos dese exercicio.
::::::::::::::::::::::::::::::::::
Suscribe todo eso y unas horas después en reunión ordinaria del Comité de Empresa en la que se pretendía ratificar el escrito que el como Delegado de la UGT y la CGT habiamos presentado ante la Mesa de Laborales, rompe los acuerdos firmados anteriormente y apoya la propuesta de la Alcaldía que la CIGA presenta al Comité.
Pues vale asi luce el pelo en este país cada uno a lo suyo y cada mochuelo a su olivo. Poderoso caballero es don Dinero
Esperamos que los trabajadores del Ayuntamiento de Ribadeo sepan distinguir entre los que luchamos por ideas y por el conjunto de los trabajadores y los que se venden al mejor postor y andan con el sol que más calienta
Respecto á disculpa burda da situación económica do Concello pretendendo enfrontar “unha vez mais” aos funcionarios e persoal municipal coa poboación non é de recibo. Xa sabemos que en política vale todo… pero non para todos.
Aínda que diga o contrario, o Sr.Alcalde sabe moi ben que os funcionarios coñecen mellor que ninguén a mesma. Poderíamos empezar a falar dos dispendios e gastos innecesarios que se fan dentro do Concello. Pero iso, que tamén nos afecta naturalmente porque nós vivimos disto, entendemos que é labor da oposición política que é quen ten que controlar ao goberno de turno.