O
vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola
de
Artes e Superior de Deseño “Pablo Picasso” da Coruña (Rúa dos Pelamios,
nº
2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as
Pedagoxías
Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do
Traballo
(CGT) da Coruña.
Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias galegas que foron deseñados por alumnos/as da Escola de Artes “Pablo Picasso” en colaboración coa CGT da Coruña.
A Exposición enmárcase dentro das Xornadas sobre Pedagoxías Libertarias que contarán coa conferencia do recoñecido historiador Eliseo Fernández baixo o titulo “A Escola Racionalista na Galiza” (o día 22 de abril, ás 19:00) e a proxección do documental de Adolfo Dufour "Viva la Escuela Moderna" que será seguida dunha charla-debate sobre "Ferrer i Guardia e as pedagoxías antiautoritarias" (o día 23 de abril, ás 19:00).