jueves, 29 de enero de 2009
PROPOSTA VALORACION POSTOS DE TRABALLO
 xa que entendemos que foron mal evaluados os postos que se relacionan de seguido:
As Auxiliares do Fogar / Piso Tutelado o V Convenio marco estatal de servicios de atención a personas dependientes y desarrollo de la promoción de la autonomía personal encadra estas profesions no grupo C- promoción o C cos complementos axeitados
Os Administrativos con Xefatura de Negociado deben cobrar as mesmas cantidades. Non as están cobrando ó día da data o Xefe do Negociado Número 3 e o Administrativo de Recaudación. * Aclarar os conceptos salariais que se están empregando pola CIGA con respecto a Xefe do Negociado Número 3 que está difundindo como que se perciben unhas cantidades que non son certas.
Proponse a promoción a Administrativo e a funcionarización do Auxiliar que leva Rexistro Xeral de Documentos.
Proponse a promoción e a funcionarización do Responsable da Praza de Abastos-OMIC e a igualdade con outros postos de similar categoria
Proponse a promoción dos Conserxe do Colexio Público e do Celador da Praza de Abastos a grupo superior cos complementos axeitados.
Para os capataces propoñemos a promoción en grupo, CD e complemento especifico. Non se ten en conta responsabilidade que implica o mando. Non se ten en conta a multiplicidade de tarefas que conleva.
Para o Oficial Electricista se contemple o estar o cargo do seu servizo, que se promocione o C e no complemento especifico se teñan en conta a responsabilidade e a perigosidade das suas tarefas. Adecuar o CD. Entendemos que estos postos son similares en categoria ós administrativos (A diferencia é que uns encadranse na Administración Xeral e outros na Especial)
Transformar a praza de Auxiliar Electricista na de Oficial que realmente desenvolve cos correspondentes emolumentos.
A Praza de peón sepulturero que sexa evaluada como a que realmente é: encargado dos cemiterios municipais. Pedimos a promoción e dotar a praza dos complementos axeitados.
A promoción dos operarios do servizo de lixo que levan anos desenvolvendo as suas tarefas- Nivel minimo CD 14 (para calquer traballador do Concello), que no complemento especifico se lles contemple a penosidade que entraña a súa profesión. O mesmo para os que traballan na area de xardiñería e os conductores
Pidese a equiparación en dereitos entre o persoal laboral e o funcionario e que o convenio se aplique a todo aquel que traballe para o Concello, sexa por subvención sexa por un día.
Funcionarizacion para todos os laborais fixos. Non nos serve que as prazas de oficios non son propias de funcionarios. A Administración leva anos distinguindo os funcionarios que para ela traballan en duas grandes areas: Administración Xeral e a Especial. Outra cousa son postos de apoio a areas determinadas e que se require unha especialización e poden server a fines politicos determinados , ou os de natureza non permanente ou discontinua.
Pedimos as seguintes prazas de nova creación:
Conductor mecánico mantemento maquinaría.
Arquitectos ARI-Administrativo ARI
Responsable para a Oficina de Turismo
GRUMIR plantilla permanente
Asumir como fixos-discontinuos os profesores da Escola de Música

Discriminados: Esta es la propuesta de nuestra Sección ante la presentaciòn por parte de la CIGA de propuesta para determinados puestos. Antes habiamos estado en negociaciones y acordado y presentado un convenio consensuado durante meses y meses . Hoy se continua con la mesa de negociación del Concello de Ribadeo.

Publicado por a333 @ 15:37
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios